Print this page

Setembro comeza cheo de poesía en Salvaterra de Miño

Rate this item
(0 votes)

Empeza setembro cunha das citas anuais imprescindibles do panorama literario galego, o Festival da Poesía no Condado, un evento organizado pola Sociedade Deportiva e Cultural do Condado (SDC) que terá lugar os días 1 e 2 de setembro en Salvaterra de Miño.

Este 2017 celebra a súa trixésimo primeira edición e contará cun programa que aborda dende a poesía ata os concertos musicais, exposicións, charlas, teatro, audiovisuais, etc.

Esta XXXI edición do Festival da Poesía no Condado contará coa participación das e dos poetas Marilar Aleixandre, Palmira Vicente Mendes, Fernández Naval, Míriam Ferradáns, Fran Alonso, Marga Tojo, Lorena Conde, Vítor Vaqueiro, Charo Lopes, Rebeca Baceiredo, Catarina Fernandes e o Comando Esbardalle.

Haberá zona de acampada e a entrada é libre e de balde agás o evento de Noite nas minas. Podes ver a programación do XXXI Festival da Poesía no Condado aquí.