Print this page

Sete Falares reúne en Pontevedra os mellores contadores de historias

Rate this item
(0 votes)

Un ano máis chega a Pontevedra Sete falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias que, como cada primavera, volve para encher de narración oral a cidade do Lérez. Do xoves 6 de xuño ao domingo 9 poderase gozar en diferentes recunchos da cidade das contadas de Cándido Pazó, Tamara Bezerra, Ángela Arboleda, Xurzo Souto, Carolina Rueda e Pavís Pavós.

O Teatro Principal será o escenario principal das mesmas pero tamén están programadas actividades no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, nas Ruínas de San Domingos e unha ruta pola cidade (4 grupos) con retirada de invitacións no Principal a partir das 21.30 h.

O encontro promete ser toda unha festa da narración oral. Está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén haberá sesións dirixidas a público familiar. Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura o domingo 9 ás 21.00h. (3€ público xeral e de balde para persoas desempregadas).

Sete falares está organizado por Pavís Pavós, promovido polo concello de Pontevedra e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Máis información: