O vindeiro 30 de marzo inícianse os IV Encontros Cidade da Coruña que, en catro xornadas e baixo o lema Ser escritor, ser escritora, analizarase o significado de ser escritor e da implicación que ten a escrita.
Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega achegará os días 30 de marzo e 6, 13 e 29 de abril a figuras senlleiras da literatura como Ana Paula Tavares, Mariasun Landa, Ana Romaní e Antón Gamoneda.
Todas as sesións desenvolveranse no Salón de Actos da Real Academia Galega ás 20.00 h.
Programa:
- Mércores 30 de marzo: “Ser Escritora e Africana”, Ana Paula Tavares
- Mércores 6 de abril: “Creación, Lingua e Identidade”, Mariasun Landa.
- Mércores 13 de abril: “Vagar nos lindes. Tirar da pel”, Ana Romaní.
- Venres 29 de abril: “Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética”, Antonio Gamoneda.