Print this page

Seis poetas participan no IX Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'

Rate this item
(0 votes)
Lara Dopazo Lara Dopazo Foto: Galipedia

O IX Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador' comeza hoxe e decorrerá ao longo dunha semana nun formato totalmente en liña. Baixo a dirección da poeta Yolanda Castaño, esta programación desenvolverase, por primeira vez, mediante a plataforma webex e emitirase na canle de Youtube da Consellería de Cultura do goberno de Galicia. Para o público realizarase un recital en streaming o 3 de decembro ás 17.00 h. Trátase dun evento xa consolidado na programación cultural galega e que nas súas últimas edicións se viña desenvolvendo de xeito presencial na Illa de San Simón.

Ao longo desta semana, o obxectivo do Obradoiro é o de se converter nun campo base de proxección internacional para seis poetas que son á vez algunhas das plumas máis recoñecidas de cadansúa lingua. Conformando un elenco dunha excelencia e calidade literaria do máximo nivel, participantes chegados dende o Estremo Oriente ata Europa do leste, pasando polo Mediterraneo o por suposto por Galicia, comparten unha experiencia na que o inglés opera como lingua franca. Así se artella un mutuo transvasamento no que cada poeta traduce ao seu idioma e é traducida/o aos outros cinco.

Nesta novena edición participarán as poetas Lara Dopazo (galego), Laia Malo (catalán), Grazyna Wojcieszko (polaco), Laura Accerboni (italiano), Zhou Zan (chinés) e Barbara Pogačnik (esloveno).