Print this page

Sargadelos Coruña organiza un novo ciclo de escrita(s)

Rate this item
(0 votes)

Iago Martínez, Miguel Prado, Fran Cortegoso, Tetra&Freek, Edita Rodríguez, Estevo Creus, Aurelio castro, Rebeca Baciredo, María do Cebreiro e Marcos Pérez son os participantes dunha nova edición do ciclo escrita(s), organizado pola galería Sargadelos da Coruña e que se desenvolverá todos os venres dende o 1 de abril e o 10 de xuño.

Neste ciclo de intervencións o obxectivo márcase en pensar e problematizar o Aquí. Tratarase de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade.

Programa

01 de abril. Iago Martínez: Lois Pereiro: amor e resistencia

08 de abril. Miguel Prado: “Silencio en branco; experimentación, ruido e correlaccionismo"

15 de abril. Fran Cortegoso: O lugar do corvo

27 de abril. tetra & freek: O ponk como elemento renovador da música contemporánea.

06 de maio. Edita Rodríguez: “Ferramentas artísticas como metodoloxía de intervención política. formas culturais híbridas entre a arte, o activismo político e a organización comunitaria”.

13 de maio. Estevo Creus: Un lugar sen rastro ou de como a palabraimpide.

20 de maio. Aurelio Castro: Aparecendo fontainhas.

27 de maio. Rebeca Baceiredo: T(r)opos ou unknow pleasures.

03 de xuño. María do Cebreiro: Rosalía de Castro entre a modernidade e a antimodernidade - elementos para unha nova política do tempo.

10 de xuño. Marcos Pérez: A demolición é o ferro que nos (des)arma.

Todos as conferencias terán lugar ás 20.00 h. na Galería Sargadelos (R/ Real, 56) da Coruña con entrada de balde.