Print this page

Roteiro Avelino Díaz para reclamar o Día das Letras galegas para o poeta riotortés

Rate this item
(0 votes)

Este domingo, día 3 de setembro, celebrarase o IV Roteiro por Avelino, unha xornada que pretende xuntar unha vez máis, persoas de todas as procedencias, condicións e ideoloxías para divulgar a figura do poeta riotortés Avelino Dïaz e reclamar para el un Día das Letras.

O roteiro partirá, ás 11.00 h. e por primeira vez, da Praza do Concello e da Igrexa de Meira, para percorrer os 9,5 km que os separan da casa natal de Avelino na Órrea, na ruta que sobe suavemente ata o alto dos Xuncás, fronteira natural entre a Terra Chá e a Terra de Miranda, para baixar despois polos montes de Candedo ata a ribeira do río Mourín, xa na Órrea. Nun punto específico do traxecto colocarase o terceiro chanto de homenaxe, da autoría do escultor e activista cultural Manolo Pardo. Será o terceiro dunha serie que se pretende continuar ano a ano.

Pasarase tamén polo lugar da Pena, saíndo de Meira, onde Avelino viviu con súa nai.

A xornada rematará no lugar da Eirexa, no campo da festa da Órrea, cun xantar popular no que haberá un pequeno acto literario e diferentes xogos tradicionais para todas as idades propostos pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Para participar no xantar é necesario retirar os tiques na Librería O Pedregal de Meira, ou na Taberna de Montse na Órrea.

​Máis información sobre as características do Roteiro clicando aquí e sobre o programa de actos do día 3 de setembro clicando aquí.