Print this page

Rosalía de Castro. Unha musa fecunda

Rate this item
(1 Vote)

A Universidade de Barcelona (UB) acollerá mañá o seminario Rosalía de Castro. Unha musa fecunda, na que a obra narrativa e a conciencia de escrita da autora se someterán a novas lecturas desde o xénero.

A xornada, coorganizada polo departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos da UB, polo Centre Dona i Literatura e polo departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago, pecharase coa intervención da especialista nos estudos rosalianos Catherine Davies, que ofrecerá a conferencia "Rosalía de Castro no contexto do XIX en España e Hispanoamérica".