Print this page

Rosalía de Castro reluce tamén no firmamento

Rate this item
(0 votes)

I eres a estrela que brila/ i eres o vento que zoa

Rosalía de Castro agora si brillará no firmamento. No día de onte a Unión Astronómica Internacional deu a coñecer os resultados definitivos das campañas “NameExoWorlds” 2019, polas cales máis dun cento de países tiveron oportunidade de poñerlle nome a unha estrela e ao seu exoplaneta. Rosalía Castro dará o seu nome a partires de agora á estrela HD 149143 e Río Sar ao seu exoplaneta HD 149143 b. A estrela Rosalía de Castro é unha anana amarela, semellante ao noso Sol, situada a 240 anos luz, na constelación de Ofiúco. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros.

A proposta de lle dar o nome de Rosalía de Castro a unha estrela partiu da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, dende a que apostaron por levar ao ceo o nome da nosa escritora nacional e do río que dá nome a unha das súas obras máis destacadas, En las orillas del Sar.