Print this page

Rinoceronte pon en marcha unha colección de audiolibros

Rate this item
(0 votes)

Rinoceronte Editora crea a colección Audiolibros, proxecto novo no ámbito galego xa que non existe unha oferta semellante para o público adulto. O formato dos audiolibros está amplamente difundido en países como Alemaña, Francia e Inglaterra; mais ata o momento non tivo moita difusión en Galicia, por iso esta colección pretende lograr un público fiel a esta modalidade de lectura-escoita.

 

Esta colección Audiolibros arranca cos títulos: A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; Montedidio, de Erri de Luca; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi; Seda, de Alessandro Baricco; e Skugga-Baldur, de Sjon. A duración media do audio destas obras é de dúas horas, en compañía das voces de Sonia Rúa ou Santiago Cortegoso.

 

Na páxina web de Rinoceronte habilitaron unha sección propia os audiolibros e ofrecen un extracto de cada un dos títulos: http://rinoceronte.es/catalogo/audiolibros/audiolibros.htm.