Print this page

Rinoceronte abre unha nova liña editorial de banda deseñada

Rate this item
(0 votes)

Se hai unhas semanas Rinoceronte Editora nos sorprendia coa edicións dos seus primeiros audiolibros, agora volvemos estar de parabéns pola nova iniciativa da editorial canguesa.

Tras vorcar na nosa lingua algúns dos mellores libros das últimas décadas Rinoceronte abre unha nova liña editorial, desta volta centrada na banda deseñada, un xénero que vén puxando forte e que supón un paso adiante no sistema editorial galego.

O director da colección, Breixo Harguindey, é quen selecciona os títulos desta nova liña editorial. Os dous primeiros cómics son Persépole, de Marjane Satrapi; e Entender o cómic, de Scott McCloud.

A novela gráfica Persépole revolucionou o mundo do cómic internacional no ano 2000 ao acadar os premios máis importantes do sector. Este é un percorrido pola historia recente de Irán desde os ollos da nena Marjane Satrapi, testemuña directa do cambio social e político que azouta o país e que a levará a abandonalo.

Entender o cómic é un cómic sobre o cómic que abre o debate sobre a validez deste xénero e levanta os alicerces da súa definitiva consolidación.