Print this page

Retranca finalista no Salón do Cómic de Barcelona

Rate this item
(0 votes)

Retranca, a revista humorística dirixida por Kiko da Silva, ven de ser confirmada como finalista na 29ª Feira do Cómic de Barcelona no apartado de Mellor revista. As outra tres revistas nominadas son Cthulhu (Diábolo Ediciones), Dolmen (Dolmen Editorial), e Usted está aquí (Dibbuks).

Nunha segunda fase de votacións, que finaliza o vindeiro 25 de marzo, o xurado deberá elixir un só candidato dos catro nomiados por categoría. Os gañadores daranse a coñecer a noite do venres 15 de abril no acto de entrega de premios do certame.

O Salón do Cómic de Barcelona, que se celebra anualmente dende o ano 1981, é unha das datas máis importantes sinaladas no ámbito da banda deseñada de Europa.