Print this page

Remata a dixitalización do xornal A Nosa Terra

Rate this item
(0 votes)

Os 1.014 números do xornal A Nosa Terra xa están dixitalizados e postos a disposición de toda a cidadanía, culminando un acordo técnico asinado entre a Fundación A Nosa Terra e o Consello da Cultura Galega (CCG).

Renacida en 1977, os exemplares subidos dan conta dun período no que se produciron numerosos cambios sociais e políticos e no que agromaron iniciativas como a recuperación da memoria histórica. Ademais, tamén serve para coñecer como o equipo de redacción desta cabeceira practicou un xeito novo de facer xornalismo, dando cabida a novos temas como o ecoloxismo, o feminismo ou o mundo do traballo e tratando de diferente xeito os deportes.

Nacida o 2 de decembro de 1977 en Santiago de Compostela e desaparecido en 2011, A Nosa Terra é herdeira da cabeceira histórica creada en 1907 na Coruña promovida por Florencio Vaamonde, Manuel Murguía, Rodrigo Sanz, Evaristo Martelo e Manuel Lugrís para levar a cabo unha política agrarista e de contido romántico e literario (moitos números da revista poden consultarse en Galiciana).

En virtude dun convenio de colaboración asinado en 2018 entre o CCG e a Fundación A Nosa Terra fíxase a cesión provisional do fondo deste xornal para a dixitalización e a súa posta a disposición pública e gratuíta a través da web institucional do CCG. Os fondos hemerográficos son propiedade da Fundación A Nosa Terra; o Consello da Cultura Galega encargouse da súa dixitalización e programou a difusión dese fondo.

O modo de acceso e procura permite consultar número a número, ler en liña ou baixar ao ordenador ou teléfono para unha consulta máis demorada. 

Máis información: