Tras o seu paso por Ourense, as feiras do libro de Galicia recalan por segundo ano en Redondela. A Alameda redondelá será dende hoxe a ata o domingo 11 de xuño o escenario dunha nova cita cos libros e coa lectura.
Ata Redondela achegaranse estes días escritoras e escritores como Marcos López Concepción, Salvador Rodríguez, Rocío López Núñez ou Ledicia Costas, que será a encargada de ler o pregón inaugural hoxe ás 19.30 h.
Serán catro días de moitas actividades diferentes para promover a lectura entre a cidadanía como presentacións, firmas de libros, contacontos, etc.
O horario da Feira do Libro de Redondela será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 21.00 h. e a fin de semana de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 21.30 h.
Contarase coa participación da libraría La Imprenta, Pedreira, Aligató, Cartabón, Moliére, Nobel Burela e Láfer.