Print this page

Radio Galicia recoñece a contribución á sociedade da compostelá libraría Couceiro

Rate this item
(0 votes)

A libraría Couceiro de Santiago de Compostela ven de ser recoñecida cun dos premios SERenidade que, por sétimo ano consecutivo, organiza a cadena Radio Galicia-Cadena Ser. Estes premios recoñecen o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas ao noso país.

Os premios SERenidade destacan da libraría Couceiro o feito de ser unha das máis antigas e emblemáticas da cidade de Santiago, concibida como espazo cultural, acolle actos literarios e está especializada en libro galego e publicacións antigas. Dende a praza de Cervantes, é un referente na dinamización da vida cultural da capital de Galicia.

O resto de premiados son a Fundación Barrié e o equipo de restauradores do Pórtico da Gloria, Uqui Permui, a Fundación Andrea, o actor Javier Gutiérrez, e o xogador de squash Borja Golán.

Os galardóns entregaránse nunha gala que terá lugar mañá mércores 12 de decembro no Auditorio de Galicia.