Print this page

Quiroga nomeará á escritora Celia Díaz Núñez como Filla Adoptiva do concello

Rate this item
(0 votes)
Celia Díaz Núñez Celia Díaz Núñez Foto: Distrito Xermar

O Concello de Quiroga nomeará á escritora Celia Díaz Núñez como Filla Adoptiva de Quiroga. Aínda que Celia Díaz naceu no Páramo, aos poucos anos trasladouse a vivir a Quiroga, terra da súa nai.

Como escritora posúe unha extensa carreira literaria, cultivando xéneros  como o teatro, o ensaio ou a novela; tamén, é autora de libros de texto de lingua galega de educación secundaria. A súa última novela, Unha verdade amarga (Galaxia) publicouse o pasado ano.

A corporación do concello de Quiroga valorou a súa dilatada e gran carreira literaria conta con varios premios literarios: foi gañadora nun par de ocasións do Premio Pura e Dora Vázquez e o II Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.

A súa obra garda moita relación con Quiroga, de feito moitos dos seus libros están ambientadas nese concello, como é o caso de Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, Rugando ou A boca do monte.

O acto terá lugar o xoves  día 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Salón se Sesións do Concello de Quiroga ás 13.00 h.