Print this page

Quico Valeiras gaña a XXXIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Rate this item
(0 votes)

Quico Valeiras é o gañador da XXXIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020 que convoca o Concello de Dodro, polo poemario titulado Urda. Así o decidiu por unanimidade o xurado.

Nesta edición do certame, o xurado estivo formado Ana Salgado, Antón Blanco Casás, Míriam Ferradáns e Iolanda Pérez Zúñiga; coordinado por Elvira Ribeiro Tobío e presidido por Francisco Xabier Castro Tourís, alcalde do Concello de Dodro e actuando como secretario Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura e Patrimonio.

Para o xurado, en Urda atopamos unha voz “que procura espazos aínda pouco transitados na nosa literatura, singularmente no territorio do pensamento. Trátase dunha voz que bota man da hibridación de discursos e que se revela, tanto na asunción das poéticas últimas, como na presenza de múltiples voces, facendo patente un amplo universo discursivo”.

Urda é o terceiro poemario do carballiñés Quico Valeiras. No ano 2019 publicou O tempo da Cireixa (Positivas) e este mesmo ano O Elo (Urutau), concebido xunto a Emma Pedreira. No ano 2019 tamén participou na antoloxía Arrincando marcos 2019 (Positivas). Como gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, ademais da cantidade económica establecida nas bases do premio, verá publicada a súa obra.