Print this page

Pulp Books levará ao castelán algúns dos mellores títulos galegos dos últimos anos

Rate this item
(0 votes)

Querida catástrofe, Dime algo sucio, Vidas post-it, Generación perdida, El globo de Shakespeare... son algúns dos éxitos galegos que o novo selo Pulp Books porá á venda en castelán nas vindeiras datas.

Auspiciada baixo selo nai de Rinoceronte editora, Pulp Books nace coa vocación de levar ao público castelán algúns dos libros máis interesantes publicados en galego nos últimos anos. Deste xeito, os lectores peninsulares poderán ler e gozar coa narrativa galega contemporánea representada por Diego Ameixeiras, Francisco Castro, Iolanda Zúñiga ou Xurxo Borrazas, entre outros.

A madrileña UDL Libros será a encargada de levar ás librarías de todo o estado os libros de Pulp Books.

Máis información: