Print this page

Publican unha edición bilingüe galego-castelán de Longa noite de pedra

Rate this item
(0 votes)

A obra literaria de Celso Emilio Ferreiro dá un paso adiante na súa difusión fóra das nosas fronteiras e na chegada a novos públicos. Faino cunha nova edición de Longa noite de pedra, unha versión bilingüe galego-castelán de Auga Editora, que foi presentada onte polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela.

A obra acompáñase dun estudo introdutorio sobre a vida e a produción poética do autor, realizada polo filólogo, crítico literario e experto na obra de CEF Ramón Nicolás, que tamén foi o encargado de traducir os versos ao castelán. O poemario complétase con ilustracións de María Lires, que fixo “unha lectura en imaxes da obra, para ofrecernos un pouco de luz e de cor nos versos da noite de pedra”, explicou o secretario xeral.

Este ano, ademais desta edición bilingüe, publicaranse unha edición galego-inglés de Longa noite de pedra, que se incluirá na nova entrega da colección Galician Classics da Xunta de Galicia, e outra galego-francés, preparada por Editions L’Harmattan.