Print this page

Publicado o traballo comparativo de Anxo Tarrío sobre Os Eidos de Novoneyra

Rate this item
(3 votes)

O catedrático de filoloxía galega da Universidade de Santiago de Compostela Anxo Tarrío ven de editar na web www.poesiagalega.org a transcrición completa do derradeiro manuscrito d’Os Eidos de Uxío Novoneyra e o seguimento paralelo da primeira edición do libro (1955), con indicación das interpolacións, engadidos e supresións que presenta a versión impresa respecto da manuscrita.

Tarrío utiliza diferentes cores para diferenciar os dous textos, para seguir a evolución da primeira edición e do manuscrito e os diferentes cambios entre un e o outro, como as omisións pero tamén variacións ortográficas, morfolóxicas ou mesmo léxicas que se desbotan para poñer no seu lugar outra que segue o criterio da editorial Galaxia naquela altura.

O traballo de Tarrío incorpora igualmente as indicacións propias.

Máis información: