Print this page

Presenza da industria editorial galega en Bos Aires

Rate this item
(0 votes)

O libro galego terá o seu espazo na 37ª edición da Feira do Libro de Bos Aires. Considerada como un dos eventos culturais e editoriais máis importantes de Latinoamérica, a feira converterase ata o 9 de maio no lugar de encontro entre autores, editores, libreros, distribuidores, educadores, bibliotecarios, científicos e máis de 1,2 millóns de lectores de todo o mundo.

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, viaxará esta semana a Bos Aires para participar en diferentes actos de promoción do libro galego e contará co apoio da Delegación da Xunta de Galicia na capital arxentina. No epígrafe de profesionais da edición, asistirán representantes de catro editoriais importantes da nosa comunidade: Galaxia, Ideas Propias, Kalandraka e OQO, que estarán presentes tamén nas xornadas profesionais da Feira.

A industria editorial galega contará cun expositor compartido co Centro Galego de Bos Aires, sufragado pola Consellería de Cultura e Turismo, que consistirá nun expositor de 40 m2, cun deseño de calidade e un equipamento acorde coa imaxe que se desexa transmitir, de profesionalidade, innovación e personalidade propia definida. O expositor servirá para a presentación das novidades dun total de 15 editoriais galegas: que presentarán as súas novidades na FIL de Bos Aires son: Galaxia, Everest, Kalandraka, Obradoiro, Biblos, Sotelo Blanco, Ir Indo, Baía edicións, Xerais, Ideas propias, Espiral Maior, Linteo, Toxosoutos, Patito editorial e Oqo.