Print this page

Presentados os XXI Encontros Literarios do Liceo de Ourense

Rate this item
(0 votes)

O músico, pintor, escritor e compositor Luis Eduardo Aute será o encargado de abrir unha nova edición dos Encontros Literarios do Liceo de Ourense.

A música e a literatura será o fío condutor dos XXI Encontros Literarios do Liceo de Ourense, que amais de contar coa participación de Aute estarán os escritores ourensáns Francisco Xosé Fernández Naval e Xosé Carlos Caneiro.

Durante o acto de presentación dos encontros, que tivo lugar esta mañá, foi especialmente lembrada a figura do historiador e escritor Marcos Valcarcel, que desde 2003 e ata o seu falecemento en decembro de 2010 coordinaba esta actividade. “Marcos Valcárcel sentía estas xornadas literarias, era un home que se dedicaba en corpo e alma aos temas culturais de Ourense” quixo salientar o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar. Unha emotiva lembranza compartida polo xerente do Liceo, nx0woé Luis Troitiña, que tamén lembrou a figura de Carlos Casares como promotor destes encontros.

A primeira cita dos Encontros Literarios será o 17 de xaneiro, ás 20.15 h., na Aula de Cultura do Liceo, coa conferencia Animalario do cantautor Luis Eduardo Aute.

Despois de Aute, “Chisco” Fernández Naval será o segundo conferenciante, o luns día 24 de xaneiro, cunha conferencia titulada O ritmo da chuvia e na que incluso se comprometeu a cantar.

Pechará o ciclo un recital de Xosé Carlos Caneiro co título Poemas de Amor para Tempos Difíciles, onde estará acompañado á guitarra por Xosé Manuel Salgado, o día 3 de febreiro.