Print this page

Porto e Compostela acollerán as II Xornadas de Edición Independente

Rate this item
(0 votes)

Editoriais independentes de Galicia e Portugal celebran o vindeiro mes de marzo as súas segundas xornadas. Tras o éxito da edición do pasado ano, Estaleiro Editora e Corsárias acordan levar a súa organización á outra beira do Miño e neste 2011 contarase cos proxectos lusos de Gato Vadio, Casa Viva e Colectivo Hipátia, que se celebrarán en Porto e en Compostela.

En Porto as actividades desenvolveranse do 2 ao 10 de marzo entre a ESMAE, o Gato Vadio, nos jardins do Palacio de Cristal e na Casa Viva. En Compostela será do 14 ao 18 de marzo na Biblioteca Nodal Ánxel Casal.

Mesas redondas, ponencias, debates, recitais, presentacións de libros... coa edición independente como consigna unirán, unha vez máis, as dúas beiras do Miño.

Con estas II Jornadas Galego-portuguesas de Ediçom Independente Gato Vadio, Casa Viva, Colectivo Hipática, Corsarias e Estaleiro Editora tecen unha rede de proxectos alternativos que animan á colaboración dos pobos galego e portugués, con tantos puntos en común, como pode ser a lingua.