Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Poesía en estado salvaxe en Ferrol

Rate this item
(0 votes)

A IV Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol arrancará hoxe mércores ás 18.30 horas no Cantón de Molíns. Durante catro días, as rúas, prazas, mercados, pubs e instalacións municipais como os Mercados da Magdalena e de Recimil ou a Biblioteca Municipal da Praza de España encheranse de lecturas ao aire libre, actuacións musicais e recitais de poemas da man de destacados poetas e escritores de Galicia, doutros puntos de España e mesmo de Portugal. A programación foi presentada en rolda de prensa polo asesor cultural do Concello, Roberto Taboada, e os poetas Guillermo Ferrández e Karlotti, quen deron conta das actividades deseñadas no marco deste proxecto que, por cuarto ano consecutivo, porá a palabra poética “salvaxemente e sen intermediarios” en diferentes espazos da cidade, devolvendo a palabra aos seus auténticos donos -as persoas-, convertindo á urbe naval nun novo referente indispensable da actividade cultural do país, especialmente da poética.

A IV Semana de Poesía Salvaxe iniciarase ás 18.30 h. no Cantón de Molíns, da man de Guillermo Ferrández, Víctor M. Díez e Juan Carlos Valle “Karlotty”, que compartirán a súa obra cos cidadáns e cidadás. Nesta mesma xornada, e ás 23.00 h., o Bar Os Cazadores, ubicado na rúa Magdalena, acollerá unha actuación do músico e poeta O Leo, que ofrecerá os seus “poemas dos escombros en flor”.

A segunda xornada -a de mañá xoves- celebrarase en numerosos escenarios, sendo o Mercado da Magdalena ás 11.30 h. coa poeta Olga Novo, que fará unha lectura dos seus poemas, precedida pola música de Los Gatos. Na praza do Inferniño, ás 18.00 h., todos os poetas participantes nesta Semana Salvaxe intervirán con lecturas e músicas sendo a palabra a materia prima por excelencia nunha “Poeticasession” e, finalmente, ás 23.00 h., na Sala Súper 8, celebrarase un recital de poemas a cargo do poeta, letrista do grupo La Naifa e Línea del Frente, vocalista e letrista do grupo Los Inspectores e editor Tiago Gomes (Lisboa, 1971) e Pedro Moura.

Canto ao programa do venres, as actividades comenzarán no Mercado de Recimil ás 11.30 h. cunha lectura dos poetas Víctor M. Díez, Karlotti e ás 13.00 h. celebrarase un pasarrúas “coa palabra encarnada” desde o Mercado ata a rúa do Sol. Pola tarde, ás 18.30 h., a Biblioteca Municipal da Praza de España acollerá un recital de poemas de María do Cebreiro (Santiago, 1976). Na Praza de Canido, ás 20.00 h., haberá unha actuación do colectivo e asociación cultural ALG-A, que terá continuidade ás 23.00 h. no Pub Carteles, onde intervirán improvisadamente todos os poetas desta IV Semana da Poesía Salvaxe xunto con Tiago, Al Vidal, Eli Quartet e Günter Heinz.

A IV Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol chegará ao seu remate na xornada do sábado con Carlos Oroza, que ofrecerá un recital poético ás 13.00 h. no Pub Cazadores e ás 20.00 h., na Capela do Torrente Ballester haberá unha actuación do músico Günter Heinz -trombón de varas- , coa voz de Vanessa Vidal. Ás 22.30 h. as actividades trasladaranse novamente ao Pub Carteles, onde terá lugar a clausura desta semana cultural.

Máis información:

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!