Print this page

poesiagalega.org recupera o primeiro poemario de Ricardo Martínez-Conde

Rate this item
(0 votes)

O portal poesiagalega.org ven de recuperar en versión dixital o primeiro libro de Ricardo Martínez-Conde Lento esvaece o tempo, publicado en edición de autor.

Con este libro, publicado no ano 1990, inaugúrase en poesiagalega.org un espazo destinado á recuperación en formato electrónico de vellos ou non tan vellos volumes que no seu momento apareceron sen pé editorial, o que adoito supuxo disporen dunha distribución limitada e unha chegada restrinxida ao público lector. Deste xeito, Lento esvaece o tempo prosegue o importantísimo labor de recuperación que poesiagalega.org comezou co proceso para poñer a disposición pública os catorce volumes que Letras de Cal publicou entre os anos 1997 e 2001, incluídas as dúas antoloxías que apareceron na serie, unha de poesía galega e outra de poesía vasca traducida.

O portal Poesiagalega.org dispón xa dun amplo arquivo de documentos que abarca dende 1820 ata a actualidade.