Print this page

Pecha Polaqia, canteira da banda deseñada galega

Rate this item
(1 Vote)

Polaqia di adeus. O colectivo cultural que nos últimos dez anos amosou a calidade da banda deseñada galega, nomeadamente a través do fanzine Barsowia pecha as súas portas. Grandes nomes circularon polas súas páxinas. David Rubín, Kike Benlloch, Emma Ríos, Bernal Prieto, Brais Rodríguez, Álvaro López, Hugo Covelo, nx0woé Domingo, Diego Blanco, Roke Romero, Sergio Covelo e Luis Sendón promocionaron e difundieron o cómic feito en Galicia.

Dende Polaqia avisan que "non hai problemas económicos, nin crises de vendas nin discrepancias entre os membros do colectivo. Acordouse que a función está cumprida e preferimos facer como os grupos de rock de verdade e retirarnos pola porta grande". E antes da retirada definitiva dende mañá e ata o 29 de xullo o edificio Normal, centro de actividades culturais da Universidade da Coruña, acolle a exposición Acción #1, onde os autores de Polaqia amosarán un total 36 debuxos e páxinas de banda deseñada, así como un mural, vinilos e unha peza audiovisual. Xunto cos artista urbanos Nin9 e Sr.X.

Igualmnte, pecharán o ciclo en Viñetas desde o Atlantico cun número que promete ser especial.. Estaremos atentos.