Print this page

Pecha Galicia Hoxe

Rate this item
(0 votes)

Dende o ano 2009 xa son varios os xornais galegos escritos íntegramente na nosa lingua que ten que pechar as súas páxinas. A Vieiros, a edición en papel de A Nosa Terra, GzNación e agora é Galicia Hoxe, un dos xornais galegos que máis afondaba no panorama cultural galego.

Coa data significativa do aniversario do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e da volta dos restos de Castelao a Galicia morre Galicia Hoxe. Atrás fican oito anos de traballo, 2.943 números editados e dezanove profesionais que quedan sen traballo.

No artigo de despedida do director da cabeceira Caetano Díaz, subliña que a fin do medio ven provocado "afogado pola crise, esnaquizado polo desprezo institucional aventado dende o Goberno que preside o señor Núñez Feijóo, aplastado polo autoodio dunha sociedade civil afeita secularmente a manter unha relación paranoica cos seus propios sinais de identidade". Pola súa banda, o Conselleiro Delegado nx0woé Manuel Rey Novoa agradece o labor de "unha redacción excepcional, comprometida con Galicia e os seus signos de identidade" mentres que bota en falla "¿Que foi dos 261.513 votantes dun partido nacionalista que presume de defender o galego? ¿Onde estiveron os 50.000 manifestantes en favor do idioma que ateigaron Santiago en 2009? ¿Que fixeron para defender a nosa lingua na prensa as institucións do país que suspiran polo idioma, léase Consello da Cultura Galega, Real Academia, Galego polo Ensino, Mesa pola Normalización, Pedrón de Ouro... e tantas e tantas plataformas e colectivos que claman a diario polos obxectivos que defendía cada mañá o xornal? ".

O xornalismo, a sociedade galega hoxe está de luto.