Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Pacho Blanco faise co V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Rate this item
(0 votes)

O autor ourensán Xosé Manuel Pacho Blanco, coa obra titulada Paraísos, gañou o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, ao recibir por unanimidade o premio do xurado e sumar o maior número de votos emitidos polo público, o que lle valeu tamén o premio da audiencia. O galardón, que convoca anualmente a Radio Galega co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a colaboración do Centro Dramático Galego (CDG), seralle entregado o vindeiro 3 de maio dentro do espazo radioescénico que se desenvolverá no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

O texto e a dramatización da obra gañadora serán editados nun libro-cd xunto aos outros tres títulos finalistas, que na presente edición do Premio foron: Como eliminar as manchas de vómito, de Eva Freixeira, Carne de canón, de Rebeca Montero, e Señora Carme, de Manuel Román.

No seu ditame, o tribunal subliñou "o carácter aberto do texto da obra gañadora, así como a mestura e dominio de rexistros e modalidades, tanto da lingua oral como da escrita, e o intelixente uso da tradición radiofónica de programas dramáticos". Mencionou tamén expresamente "o adecuado aproveitamento dos recursos do medio radiofónico e o uso do fragmento, da cita e a suxestión como elementos dramáticos".

O xurado estivo composto por Ana Vallés, dramaturga e directora de teatro; Vanesa Martínez Sotelo, dramaturga e gañadora do premio do xurado do IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico; Camilo Franco, crítico teatral; Ana Rosales, responsable de comunicación da Agadic; e Ana Romaní e Anxo Quintela, directora e redactor respectivamente do Diario Cultural.

Xosé Manuel Pacho Blanco naceu en Ourense en 1974. Avogado e profesor na Universidade de Vigo, recibiu no ano 2007 o Premio de Narrativa Torrente Ballester coa súa primeira novela A choiva do mundo, publicada pola editorial Galaxia.

A presentación do libro-cd e a entrega do premio terá lugar o vindeiro día 3 de maio no seo dunha nova edición do denominado espazo radioescénico, que este ano se desenvolverá no Salón Teatro de Santiago de Compostela e que contará coa colaboración do CDG para a súa organización. As catro obras emitíronse en diferentes programas da Radio Galega entre o 7 e o 25 de marzo. Dirixidas por Ana Vallés, foron interpretadas por Nuria Sanz, Margarita Fernández, Mónica Caamaño, Marcos Viéitez, Roberto Leal, Manu Lago, Laura Ponte e Xosé Manuel Olveira "Pico". Iván Nogueira foi o responsable da realización sonora.

O Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre a dramaturxia contemporánea e o medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega e contribuír á recuperación desde unha perspectiva contemporánea do xénero do teatro radiofónico.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!