Print this page

Ouvirmos publica unha fotobiografía sonora de Lois Pereiro

Rate this item
(0 votes)

A editorial luguesa Ouvirmos publica, dentro da súa colección de fotobiografías sonoras, un título sobre o poeta Lois Pereiro, a quen a Real Academia Galega dedica este 2011 como autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas.

A obra que nos entregan os autores Xosé Manuel Pereiro, Lino Braxe e Xurxo Souto achéganos ao mundo máis persoal de Lois Pereiro a través das máis de 100 fotografías inéditas do seu álbum familiar. Unha sucesión de escenas dunha vida a contracorrente, narrada polo seu irmán, o xornalista Xosé Manuel Pereiro. O libro conta cun prólogo de Manuel Rivas e inclúe dous CD’s que recollen a voz do propio autor nunha entrevista radiofónica, así como unha selección dos seus poemas musicados. Estes documentos sonoros son analizados e comentados na obra por Lino Braxe e Xurxo Souto.

O percorrido fotográfico preséntanos a un Lois Pereiro neno, no seu primer aniversario, coa familia, nos Escolapios e o Lois adulto, cos amigos, retratado por grandes fotógrafos, en Madrid, Santiago, Berlín ou París.

Lois Pereiro en castelán

A editora catalana Libros del Silencio, dirixida por Gonzalo Canedo, publicará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, a obra completa de Lois Pereiro. O encargado da tradución será o tamén poeta e xornalista Daniel Salgado.