A Alameda ourensá acolle o programa de actos da Feira do Libro en Ourense, que xa vai pola edición número 27 e se desenvolverá na cidade da Burgas dende hoxe ata o domingo 5 de xuño. A edición que xa está en marcha está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, en colaboración co Concello de Ourense, Novacaixagalicia, a Deputación Provincial de Ourense, a Cámara de Comercio de Ourense, e a Confederación de Empresarios de Ourense.
Ao longo destes seis días contarase cun abano de actividades que achegará presentacións, actividades infantís, mesas redondas, etc. que resaltarán aínda máis esta festa dos libros na rúa.
O pregón inaugural correrá a cargo do escritor de Vila de Cruces Xosé Neira Vilas, que este ano celebra o cincuenta aniversario da súa obra máis senlleira, Memorias dun neno labrego. Entre a multitude de escritores e escritoras que se achegarán ata a Feira do Libro de Ourense están Xoán Abeleira, Miguel Anxo Fernández, Fernando Méndez ou Elena Gallego Abad.