Print this page

Os xardíns de Méndez Núñez acollerán ata o día 10 a 47ª Feira do Libro da Coruña

Rate this item
(0 votes)

A Coruña acollerá a 47ª edición da Feira do Libro, que se desenvolverá do 1 ao 10  de agosto nos xardíns de Méndez Núñez.

O escritor Xavier Senín será o pregoeiro da inauguración da Feira, hoxe ás 12.30 h., na que participarán un total de 36 casetas, das cales 34 serán de librarías e editoriais, e outras dúas pertencerán á secretaría técnica. En total, durante os dez días da Feira, tanto a Federación de Libreiros como as librarías da Coruña organizarán numerosas actividades, así como preto dun cento de sinaturas de autoras e autores, entre as e os que se atopan Lucía Cobo, Arantza Portabales, Antonio Manuel Fraga, Elías Saavedra, Alfredo Conde, Eva Veiga, Ledicia Costas, Iolanda Zúñiga, Cándido Barral, Xurxo Souto... Celebraranse, tamén, en dúas carpas, 78 actividades para público adulto e infantil, ás que se sumarán as 20 propostas da nova edición de O Xardín dos libros, proposta impulsada desde o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

Ademais, o sábado 4 de agosto, acollerá a segunda Brincadeira de ilustradoras e ilustradores, unha iniciativa coordinada por David Pintor para dar a coñecer tamén o sector gráfico local vinculado ao mundo da edición. Este ano contarase coa participación de Miguel Calatayud, Mariona Cabassa, Noemí Villamuza, Xan Lopez Dominguez, Marc Taeger, Gustavo Roldan Devetach, Lucía Cobo, María Luisa Torcida Álvarez, Xosé Cobas e María Lires.

A Feira do Libro da Coruña contará cun importante reforzo de programación específica dirixida ao público infantil, con 47 iniciativas diferentes, como son obradoiros, charlas ilustradas, narracións orais, presentacións ou espectáculos de distintas linguaxes artísticas.

Por primeiro ano a Feira do Libro da Coruña contará ademais con presenza específica nas redes sociais. Baixo a coordinación das Bibliotecas Municipais, a cidadanía poderá seguir as diferentes actividades e presentacións que terán lugar ao longo das dez xornadas de celebración a través dos perfís en FacebookTwitter e Instagram. Estes días a veciñanza e os visitantes á Feira poden coñecer, a través destas canles, a propia historia a feira, así como os carteis históricos e as autoras ou os autores que estes anos visitaron o encontro.

Máis información: