Print this page

Os premios da Gala do Libro Galego 2020 retransmitiranse vía web o 21 de novembro

Rate this item
(0 votes)

O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acolleu onte a presentación pública da Gala do Libro Galego 2020 que este ano celebra a súa quinta edición e que terá un formato virtual. Será conducida por Quico Cadaval e difundirase o vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12.00 h. desde a canle de Youtube da Gala tras adiarse a data inicial do 9 de maio por mor da pandemia da COVID-19.

Na presentación pública en rolda de prensa participaron, por parte das entidades da organización: Henrique Alvarellos, vicepresidente da AGE; Antón Pedreira, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia; e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. E por parte das entidades colaboradoras Mercedes Rosón e Valentín García Gómez.

Os Premios da Gala do Libro Galego están organizados pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), contan coa axuda de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos), goberno de Galicia, Concello de Santiago e Deputación da Coruña.

O xurado desta quinta edición estivo formado pola xornalista e poeta Ana Romaní, a profesora Anxos Rial, o escritor Antón Riveiro Coello, a poeta Estíbaliz Espinosa, o editor e profesor Manuel Bragado, a tradutora María Alonso Seisdedos e crítico literario e escritor Ramón Nicolás.

As gañadoras e gañadores, que xa se anunciaron no seu momento no mes de maio, foron:

Ensaio e investigaciónDentro da literatura (Xerais), de Suso de Toro.

DivulgaciónA que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro (Galaxia), de Juan Casto Rivadulla Fernández.

Narrativa. Seique (Através), de Susana Sanches Arins.

Infantil. A tartaruga Amodovou (Oqueleo)de Paula Carballeira.

Xuvenil. Os corpos invisibles (Xerais) de Emma Pedreira.

Libro ilustrado. Irmá paxaro (Cuarto de Inverno), de Tamara Andrés e ilustracións de María Montes.

Libro de banda deseñada. A chaira (Alita), de Antonio Seijas.

Iniciativa bibliográfica. Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 (Galaxia), de Miguel Anxo Seixas Seoane.

TraduciónFrankenstein ou o Prometeo moderno (Aira), de Mary Shelley e tradución de Samuel Solleiro.

PoesíaFeliz Idade (Kalandraka) de Olga Novo.

TeatroCitizen (Kalandraka), do Grupo Chévere.

Libro mellor editadoFosforescencias (Alvarellos), de Lupe Gómez e ilustracións de Anxo Pastor.

Iniciativa cultural ou fomento da lectura. Libraría Chan da Pólvora.

Proxecto literario na rede. Kalandraka TV

Xornalismo cultural. María Yáñez.