Print this page

Os "María Moliner" recoñecen o labor da Biblioteca de Verín en prol da animación á lectura

Rate this item
(0 votes)

A Biblioteca Municipal de Verín foi seleccionada entre os dez mellores proxectos de animación á lectura de todo o estado español dentro da XX Campaña 'María  Moliner' para municipios de menos de 50.000 habitantes – que convocan o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)- pola súa iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura”.

Deste xeito, a Biblioteca verinesa recibirá 10.000 euros financiados polo Ministerio de Cultura e Deporte, que serán destinados a compra de libros e/ou publicacións periódicas.

Na campaña de 2020 seleccionáronse un total de 310 proxectos. A comisión de selección destacou do "Proxecto de Voluntariado Cultural con rapaces/zas para o fomento á lectura" da Biblioteca de Verín o Premio Nacional María Moliner, a  «claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade». Ademais, de valorar «a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que contén a proposta».

O proxecto presentado pola Biblioteca de Verín trátase dun proxecto consolidado, que xurdiu fai doce anos e que converteu á biblioteca nun referente cultural na localidade, realizando un gran número de actividades variadas e de calidade grazas á colaboración de mozos voluntarios. Destaca pola súa relación transfronteiriza levando as actividades da biblioteca a aldeas próximas de Portugal e polas súas actividades interxeracionais e con colectivos en risco de exclusión social.  Ao  longo  destes anos,  foron  máis de 600 actividades de fomento  á lectura,  onde  tamén  tiveron cabida,  multitude de conferencias,  presentacións de libros,  exposicións, concursos e coma  non ou  servizo  estrela  do verán que  é a  Biblio-Piscina e  Biblio-Rúa,  servizos  tamén atendidos polos Voluntarios dá Biblioteca.

Outros 300 proxectos presentados por bibliotecas do estado foron recoñecidos nesta Campaña. Das seleccionadas do noso país, están as bibliotecas públicas de Ares, Oleiros, Ortigueira, Rianxo, Sober, Xermade, Esgos, Pereiro de Aguiar, Catoria, O Grove e Redondela. Cada unha delas recibirá 2.000 euros para a compra dese material para fornecer as súas coleccións bibiográficas.

O concurso ten por obxectivo premiar aquelas bibliotecas de concellos que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecario, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.