Print this page

Os libreiros celebran a súa festa entregando os premios Irmandade do Libro

Rate this item
(2 votes)

Os libreiros de Galicia celebraron a súa gran festa este pasado sábado en Lalín. No transcurso da mesma entregáronse os premios Irmandade do Libro, que este ano chegou a súa vixésimo primeria edición. Estes premios recoñecen o esforzo realizado a prol do libro e a lectura por persoas, colectivos, entidades e institucións, tanto públicas, como privadas, en Galicia.

Os premios convocados corresponden ás seguintes modalidades: Centros de Ensino, Libro do Ano 2011, Obra Editorial do Ano 2011, Autor, Institución, Fomento da Lectura e Libraría.

Só se coñecía de antemán o nome do gañador na categoría de Autor, que este ano recaeu no escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia e profesor lalinense Gonzalo Navaza.

O resto dos gañadores coñecéronse no transcurso da cerimonia:

Libro do ano: Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz.

Obra editorial: Mitoloxía de Galiza (Galaxia) de Vítor Vaqueiro.

Institucións: Real Academia Galega.

Fomento da lectura: Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Centros de ensino: CEIP Riomaior de Pontevedra.

Librarías: Cartabón de Vigo.

O premio é unha escultura, dunha figura alegórica de bronce, realizada polo artista lucense Ismael López Fernández.