Print this page

Os Diálogos Literarios da Fundación Casares chegan ao Gaiás

Rate this item
(0 votes)

Do 1 ao 3 de xuño terá lugar unha nova edición dos Diálogos Literarios oganizados pola Fundación Carlos Casares, que este ano cambia a súa habitual localización no Pazo de Mariñán pola Cidade de Cultura, co que principia unha nova etapa.

Así pois, estes I Diálogos Literarios do Gaiás estrenan un novo nome, pero mantendo a esencia orixinal que caracteriza esta actividade. Como en edicións anteriores, estarán coordinados por Román Raña, e reunirán autores, editores, críticos e profesores do ámbito galego con personalidades destes campos do ámbito internacional, co fin de seguir intercambiando opinións e experiencias sobre o proceso literario no seu máis amplo sentido. A actividade, organizada en colaboración co Centro Pen Galicia, conta co apoio da Xunta, Novacaixagalicia e da Fundación Cidade da Cultura.

Como vén sendo habitual, os Diálogos desenvolveranse en sesións matutinas e vespertinas con tempo para o diálogo e a reflexión entre os asistentes e os convidados. Entre os conferenciantes teremos a persoas do ámbito nacional e internacional, como Ana María Moix, Miren Agur, Elena Medel, Marcos Calveiro, Sérgio Luis de Carvalho, Iolanda Zúñiga ou Llucía Ramís entre outros.