Print this page

Obradoiro de escritura creativa con Antía Otero

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio de CEDRO, presenta un Obradoiro de Escritura Creativa dirixido a persoas a partir de 16 anos, que será impartido pola escritora Antía Otero durante oito semanas (unha sesión de dúas horas cada semana de 18.00 h. a 20.00 h.) os seguintes días: 13, 19 e 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro. É de balde ata completar matrícula. Será no Museo de Belas Artes (R/ Zalaeta, s/n) da Coruña. A unha das sesións asistirá outro escritor/a para contar a súa experiencia creativa.

O obradoiro, botando man de imaxes literarias e artísticas, achegará chaves interdisciplinares para descubrir e explorar elementos importantes nas creacións como son a imaxinación, a escoita, o tempo, o espazo, os personaxes, as escenas, os diálogos... Unha alternativa ás aulas propiamente académicas ao redor da experimentación, da comprensión e do diálogo persoal co feito literario e coa arte en  xeral.  O obxectivo é proporcionar estratexias básicas para a escrita,  destacando que para escribir hai que desenvolver a capacidade de observación, no propio interior e na relación que mantemos coa realidade circundante. O prazo para anotarse comeza hoxe e remata o luns 10 de outubro e pode facerse enviando un correo electrónico a  oficina at aelg.org ou chamando por teléfono ao 981-133233.