Print this page

O vilalbés Xosé Miguel Barrera Vázquez gaña na súa terra o XLV Certame Literario de Poesía

Rate this item
(0 votes)

Xosé Miguel Barrera Vázquez ven de gañar por unanimidade o XLV Certame Literario de Poesía de de Vilalba polo seu poemario Poema da rúa das aves.

O xurado desta edición estivo formado por Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, Catedrático de Historia; Fidel Fernán, director do Grupo de Radio Principal e Xulio Xiz, xornalista; baixo a presidencia da alcaldesa Elba Veleiro.

En palabras do autor, Poema da rúa das aves é un pormario que "está escrito cun formato de guión en verso, o que supón unha novidade estética". Estamos antes un poemario orixinal, vinculado á mitoloxía propia de Vilalba a través das figuras dos paxaros coa idea de "laudar os poetas da Terra Chá cunha historia, cunha fábula, mesturada cunha lenda, duns que a comezos do século XX nomear con nomes de paxaros acada veciño da Porta de Cima (unha das rúas máis emblemáticas de Vilalba)"

Xosé Miguel Barrera é natural de Vilalba, aínda que actualmente reside na vila madrileña de Torrelaguna, sendo membro do Grupo Bilbao de escritores afincados en Madrid e colaborador da revista de poesía OLGA. Na súa actividade literaria figuran publicacións en galego e castelán. Tamén ten colaborado en diversas publicacións colectivas como a revista Xistral, ou noutras de escrita castelá como La Espadaña, Cartapacio ou Piedra Lisa.

Ademais da cantidade económica estipulada nas bases do premio, o Certame conleva a publicación da obra, unha flor natural e un diploma.