Print this page

O reto dixital na sociedade da información no eido bibliotecario

Rate this item
(0 votes)

Do 7 ao 9 de abril terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia o I Seminario Internacional da Biblioteca de Galicia.

Este seminario internacional proxéctase, ademais coa idea de contribuír á difusión do labor da Biblioteca de Galicia a partir da súa inauguración no pasado mes de xaneiro, así como do destacable esforzo que se está levando a cabo a través dos distintos proxectos de dixitalización para que os usuarios poidan ter acceso ao patrimonio bibliográfico galego a través de Galiciana.

O seminario estrutúrase en tres sesións: A primeira delas, o día 7 desenvólvese baixo o epígrafe As Coleccións Dixitais, onde pretenderase achegar á formación das grandes coleccións dixitais, o seu mantemento e as súas estratexias de futuro.

Xestión de coleccións dixitais é a segunda sesión, que terá lugar entre as 10.00 h. e as 14.00 h. do día 8, e na que os asistentes poderán aproximarse aos problemas técnicos que están na trastenda das bibliotecas dixitais e ao reto que supón o futuro das bibliotecas na web semántica.

Finalizarase este I Seminario con Acceso ás coleccións dixitais. Nesta sesión centrarase en temas relacionados cos dereitos de autor, libros dixitais e outros dispositivos, novos catálogos, novos sistemas de procura e recuperación da información.

O día 9 reservarase para a posta en común a través de mesas de traballo cos principais responsables das bibliotecas dixitais, a creación dun grupo de traballo das coleccións dixitais de Galicia e para a redacción das conclusións por parte do comité científico. O programa tamén inclúe visitas guiadas, tanto á cidade de Santiago como ós edificios da Cidade da Cultura.

Máis información: