Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O Ramón Piñeiro celebra o seu 25 aniversario

Rate this item
(0 votes)

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) cumpre 25 anos de existencia. A conmemoración desta efeméride celebrarase coa organización dunha conferencia inaugural, catro xornadas temáticas e unha conferencia de clausura ao longo do ano, nas que se tratará de dar a coñecer ao público: a historia do Centro, a transcendencia da investigación levada a cabo e o recoñecemento da súa centralidade dentro da investigación en humanidades posta de manifesto nos legados de investigadores importantes, dos que o CRPIH é depositario.

Hoxe, ás 12.30 h., terá lugar a conferencia inaugural a cargo de Darío Villanueva, Director da Real Academia Española, quen disertará sobre o tema A voltas coa posverdade.

En maio, os días 24 e 25, o CRPIH celebrará a xornada O Ramón Piñeiro e a investigación literaria, na que investigadores do centro repasarán os proxectos e estudos literarios desenvoltos ao longo destes anos, articulada en tres bloques: A investigación na literatura medieval; a elaboración de dicionarios de literatura (especialmente o Dicionario de termos literarios elaborado polo equipo Glifo), textos históricos recuperados e edicións facsimilares e os informes anuais de literatura; e a Literatura infantil e xuvenil no CRPIH.

O 12 de xullo terá lugar a xornada O Ramón Piñeiro: a súa creación e a súa importancia examinadas desde ángulos distintos. Nela rememorarase o proceso de creación do centro a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional. Incluirá unha conferencia sobre Ramón Piñeiro, a mesa redonda A posta en marcha e a vida do centro a través dos seus investigadores e tres mesas redondas: 25 anos do Ramón Piñeiro: unha visión desde os seus responsables políticos25 anos de xestión no Ramón Piñeiro vistos polo persoal de administración; e O Ramón Piñeiro visto polos bolseiros. Haberá tamén arredor desa data unha exposición das publicacións realizadas polo CRPIH nos 25 anos de historia acompañado as mostras dos legados recibidos para a súa custodia e estudo.

O 12 de setembro celebrarase a xornada Os legados ao Ramón Piñeiro, en homenaxe a tres figuras importantes da lingüística que fixeron doazón dos seus fondos documentais ao CRPIH: o profesor alemán Jürgen Untermann e os galegos Aníbal Otero e Elixio Rivas. Participarán Luís Alonso Girgado, Virgilio García Trabazo, Ramón Mariño e Antón Santamarina.

O 19 de novembro, o programa pecharase coa xornada O Ramón Piñeiro e a investigación lingüística, na que se fará unha valoración da importancia e da transcendencia dos proxectos no ámbito lingüístico levados a cabo no centro, nomeadamente: Tradutor automático español-galego (Es-Gl), Sintetizador de voz en galego (Cotovía), Base de datos informatizada de lingua galega (BILEGA), Corpus de referencia do galego actual (CORGA), Corpus documentale latinum Gallaeciae (CODOLGA), Base de datos do ALiR, o dicionario italiano, os traballos terminolóxicos e os traballos no ámbito da fraseoloxía. A conferencia de clausura da xornada e do 25º aniversario correrá a cargo de Guillermo Rojo, tesoureiro da RAE. 

Todas as actividades programadas celebraranse no salón de actos do pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, sede do Centro.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades foi creado en 1993 (co nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) coa intención de promover, desenvolver e difundir programas de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos do galego. Dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na actualidade centra as súas liñas de investigación en proxectos de lingüística con aplicacións informáticas, estudos de prosa e poesía medieval, recuperación e análise de publicacións literarias, estudos de fraseoloxía, proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva e outros.

 

Máis información:

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!