Print this page

O premio Mondoñedo10 entregarase nesta edición ao mellor ensaio da última década

Rate this item
(0 votes)
Mondoñedo Mondoñedo Foto: Galipedia

A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É … e o Concello de Mondoñedo anunciaron as obras finalistas da IV edición do galardón Premio Mondoñedo10, que este ano se concederá na modalidade de ensaio. Este premio galardoa o mellor ensaio publicado nos últimos dez anos, ou sexa, entre 2009 e 2018, ambos inclusive.

O xurado fará público o nome do gañador en Mondoñedo o domingo 13 de outubro. A entrega do premio terá lugar en un acto público a celebrar no Auditorio 'Pascual Veiga' de Mondoñedo o domingo 20 de outubro. O premio consistirá nun diploma acreditativo e unha obra artística orixinal e única, creada para esta ocasión polo artista mindoniense, José Pedro Gómez.

Na primeira edición, dedicada á narrativa no ano 2016, a obra gañadora foi Os libros arden mal (Xerais) de Manuel Rivas. Na segunda edición, dedicada á poesía, a gañadora foi Chus Pato por Hordas de escritura (Xerais). O pasado ano estivo dedicado ao teatro e a gañadora foi Vanesa Sotelo con Nome: Bonita (INAEM). As vindeiras edicións estarán dedicadas á Música (2020), Plástica (2021), Artes visuais (2022), Tradución (2023), xornalismo cultural (2024) e Persoa, proxecto, colectivo ou institución (2025), ata retomar o ciclo novamente no ano 2026 con narrativa.

 

Obras finalistas

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais) de Ramón Nicolás.

Os santos titulares de parroquia en Galiza (Sotelo Blanco) de Xosé M. González Reboredo

Para que nos serve Galiza? (Galaxia) de Xaime Subiela.

Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2.0 editora) de Xurxo Ayán e Manuel Gago.

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe) (AS-PG) de Francisco Rodríguez Sánchez.

Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza (Xerais) de Antón Cortizas.

Galiza, um povo sentimental? (Através Editora) de Helena Miguélez-Carballeira.

Historia de Galicia (Galaxia) de Ramón Villares.

Enfermos pobres, médicos tristes: Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas (Dr. Alveiros) de Roberto Fernández Álvarez.

Identidade e afectos patrios (Galaxia) de Ramón Villares.

Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) (Galaxia) de María Xesús Lama.

Memorias dun loitador antifranquista O testemuño do comunista David Álvarez Carballido (Alvarellos) de Anahí Almasía, Mariela Sánchez e Antón Santamarina.

As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do s. XIX (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago) de Carlos Iglesias Castelao.