Print this page

O poeta Bernardino Graña recibirá o Facho de Ouro o vindeiro 29 de xaneiro

Rate this item
(0 votes)

A Agrupaçom Cultural O Facho da Coruña entregará o vindeiro 29 de xaneiro o Facho de Ouro ao escritor cangués Bernardino Graña. A Directiva da Agrupaçom acordou outorgar O Facho de Ouro a Graña como testemuña e recoñecemento a súa longa traxectória na defensa da dignidade e da cultura de Galicia.

O acto cívico será acompañao dunha cea homenaxe ás 21.00 h. no Hotel Riazor da Coruña.

Ese mesmo día, e en lembranza dos Precursores, e Mártires, a Agrupaçom Cultural O Facho organiza un ofrenda floral nos xardíns de Méndez Núñez diante do monumento a Curros Enríquez ás 12.30 h. Na cerimonia contarase coa música de gaiteiros.

Todos os interesados e interesadas en acompañar a Bernardino Graña neste día asistindo á cea de homenaxe, poden chamar ao teléfono 981.269.663 e nas tardes ao 698.147.851 ou enviar un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prezo da cea é de 30 euros.