Print this page

O PEN Clube Galicia anuncia os gañadores dos seus premios Rosalía de Castro

Rate this item
(1 Vote)

O PEN Clube de Galicia ven de anunciar os gañadores da IX edición dos premios Rosalía de Castro para escritores de linguas ibéricas diferentes do galego.

O anuncio, realizado na véspera do nacemento da nosa escritora máis universal, deixou como gañadores os seguintes nomes. En castelán o premio foi para a escritora arxentina Esther Vázquez; en catalán o premiado foi o narrador e dramaturgo Enric Casasses; a escritora Miren Agur Meabe foi merecedora do premio en éuscaro; mentres que nx0woé Viale Moutinho en lingua portuguesa.

Estes premios contan coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e da Consellería de Cultura. O acto de entrega terá lugar no vindeiro mes de setembro.