Print this page

O Parlamento de Galicia declara o 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro

Rate this item
(0 votes)

O Parlamento de Galicia acordou o pasado martes declarar o 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro e as actuacións que se deben levar a cabo co fin de conmemorar o centenario do seu nacemento.

A iniciativa, promovida polo grupo Popular e que acadou o consenso dos tres grupos parlamentarios, insta á Xunta de Galicia a declarar o vindeiro ano 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro, destacando o seu labor como renovador da literatura galega e a súa actividade política e literaria de compromiso con Galicia e defensa das liberdades democráticas.

Do mesmo xeito, esta declaración incluirá actuacións de promoción e difusión da súa biografía e obra e procurará a implicación de institucións públicas e culturais, singularmente a Fundación Celso Emilio, a fin de conmemorar o centenario do seu nacemento.

A Xunta de Galicia elaborará, preferentemente antes do 4 de xaneiro de 2012, un catálogo das actuacións a levar a cabo durante o ano para dar a coñecer a figura e obra do autor de Longa noite de pedra.