Print this page

O obxecto poético e a edición surrealista

Rate this item
(0 votes)

O pasado xoves inaugurouse no Verbum-Casa das Palabras de Vigo a mostra O Obxecto poético e a edición, dúas achegas dende o surrealismo.

Comisariada por Monse Cea, a exposición está conformada por unha coidada selección de obxectos de artistas clásicos do surrealismo internacional como Eugenio Granell, Ludwig Zelller ou Susana Wald, e de artistas vinculados ao mesmo, da talla de Marcell Duchamp, así como doutros autores e autoras que continúan hoxe en día realizando novas contribucións ao movemento. Todos os obxectos proceden da colección da Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela. A mostra achega ao visitante á complexidade e actualidade do movemento a través dunha selección das súas publicacións.

A mostra estará aberta ata o vindeiro 1 de maio.