Print this page

O novo número da revista Atenea céntrase na poesía visual

Rate this item
(1 Vote)

O número 42 da revista Atenea, publicación trimestral do Ateneo Ferrolán, aborda a poesía visual, unha forma experimental na que a imaxe, o elemento plástico, en todas as súas facetas, técnicas e soportes, predomina sobre o resto dos compoñentes.

Este número, no que colaboran, entre outros, Baldo Ramos, Miguel Angel Alonso Diz, Agustín Calvo Galán, Marisol Gándara ou a Corporación Semiótica da Coruña, entre outros, céntrase nesta forma de poesía no verbal, que constitúe un xénero propio e cuxos creadores móvense na fronteira entre os xéneros e as artes, como a pintura, acción poética, o teatro, a música e a mesma lírica discursiva, dando lugar a diversas formas de poética.

A revista trimestral Atenea comezou a publicarse o día 1 de outubro de 1999, e conta cunha tirada de 1.000 exemplares, que se distribúen de forma gratuíta: a soci@s do Ateneo Ferrolán, a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galicia e resto da península.