Print this page

O Museo de Pontevedra acolleu o premio Valle-Inclán 2011

Rate this item
(0 votes)

O edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolleu onte o acto de entrega do Premio Valle-Inclán 2011 que recaeu ex aequo nas compañías teatrais Escola de Teatro Valle-Innova, de Vilanova de Arousa, Atalaya Teatro e Teatro del Temple.

O premio ten como finalidade divulgar a obra e a figura do eximio escritor, así como continuar fomentando o cultivo da representación dramática das súas obras.

O xurado, constituído por Xosé María García Palmeiro, do Consello da Cultura Galega; Alfonso Zulueta, da Fundación Penzol; Francisco López Rodríguez, director xeral do Libro da Xunta; Blanca Brage Cendán, Conselleria de Cultura; Consuelo Pampillón, Fegatea; e nx0woé Antonio Ponte Far, Fundación Valle-Inclán, decidiu repartir a devandita cantidade en tres premios de 8.000 euros para as citadas compañías teatrais.

No caso da compañía teatral de Vilanova de Arousa, o xurado valorou especialmente as representacións que levou a cabo das obras Memorias da árbore da noite triste, La media noche, Femeninas. Semillas de sangre y honra, El embrujado. Tragedias de tierras del Salnés e Los cuernos de Don Friolera.