Print this page

O libro ilustrado centrará unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura

Rate this item
(0 votes)

A Asociación Galega de Editoras organiza unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura, desta volta baixo o lema Libro ilustrado: Outra forma de ler? e que se vai celebrar os próximos días 8 e 9 de novembro, no auditorio da Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa Vilar, 19) en horario de tarde, o día 8 de novembro, desde as 16.30 h. e en xornada completa, o 9 de novembro.

A XIV edición do Simposio da AGE, contará con tres mesas redondas, unha dedicada á banda deseñada e na que intervirán Kiko Da Silva, Cano Paz e Carla Berrocal; outra sobre como editar o libro ilustrado, con Madalena Matoso, editora de Planeta Tangerina e e Diego Moreno, editor de Nórdica Libros; e, finalmente, a mesa redonda : Olladas ilustradas, coa intervención de Xosé Cobas, Ester García e Calros Silvar.

Ademais, no XIV Simposio O Libro E A Lectura. Libro ilustrado: outra forma de ler? intervirán en tres conferencias organizadas:  Joan Fontcuberta (A furia das imaxes), Ana Garralón (Os álbums que contan o mundo) e Teresa Durán (Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe).

O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro, é de balde e deberá realizarse a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Farase entrega dun diploma ás persoas que acrediten un 75% de asistencia ao remate das xornadas.

Colaboran nesta edición CEDRO e a Deputación da Coruña.

Máis información: