Print this page

O libro galego viaxa de novo ata a Bienal do Livro de Brasil

Rate this item
(0 votes)

A AGE volverá participar de novo na Bienal do Livro de Brasil, evento que ten lugar nas dúas cidades punteiras dese enorme e emerxente estado: São Paulo e Río de Janeiro. No ano 2008 a AGE mantivo unha rolda de negocios cos editores brasileiros na que contou coa inestimable axuda e colaboración da Cámara Brasileira do Livro e da responsable do proxecto APEX para ese sector, Dolores Manzano. Daquela, oito editores galegos viaxaron nunha misión da Cámara de Comercio de Pontevedra, contando coa colaboración dun técnico do IGAPE, que participou tamén no desenvolvemento da axenda de traballo. A exposición de libros tivo lugar no stand da FGEE.

Nesta ocasión a AGE estará representada pola Vicepresidenta da entidade e directora de Baía Edicións, Belén López, amais de editores de Kalandraka Editora e OQO Editora. Expoñen libros no módulo da AGE, dentro do  stand compartido pola FGEE e o ICEX: Editorial El Patito, OQO Editora, Editora 2.0, Baía Edicións, Edicións Embora e Edicións Toxosoutos.

Belén López vaise entrevistar con diversos axentes do sector do libro e contará coa visita dun pequeno colectivo de descendentes de galegos, algúns deles empresarios de divesos sectores. A editora tamén realizará xestións para incrementar a relación iniciada no ano 2008.

No ano 2009 a exposición ocupou unha superficie de 55.000 metros cadrados e contou con 950 expositores. Visitaron a feira nesa 13ª edición un total de 640.000 persoas. Os libros expostos van ser doados ao Instituto Cervantes e á Biblioteca da cidade.

A FGEE participa na 15ª edición do evento que  terá lugar no expacio expositor de Riocentro, no municipio de Barra,  con 9 expositores con módulo individual. O stan colectivo conta coa axuda do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), do Ministerio de Cultura e do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).