Print this page

O libro galego estará no LIBER

Rate this item
(0 votes)

O libro galego estará un ano máis na Feira Internacional do Libro, Liber 2011, que se desenvolverá do 5 ao 7 de outubro no pavillón 6 da Feira de Madrid. Co obxectivo de difundir e potenciar o sector editorial galego, a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, instalará un stand de 49 metros cadrados nesta XXIX edición da Liber, onde está previsto que participen un total de 26 editoriais galegas.

As 26 editoriais galegas que participarán nesta XXIX edición da Liber son: Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira–Edebé, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, El Patito Editorial, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Alvarellos Editora, Edicións Nigra Trea, Primera Persona, KNS, Espiral Maior, Biblos, Cumio e Embora.

Asemade, para os intereses e a imaxe de Galicia, esta feira ten un interese engadido, xa que dentro dos actos programados para este ano está prevista a entrega á Biblioteca Pública Municipal de Verín do ‘Premio ao Mellor Iniciativa para o Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011’, concedido polo Gremio de Editores de España. O acto terá lugar o día 6 de outubro ás 20.00 h.