Print this page

O libro galego estará presente no Liber e na Feira de Frankfurt

Rate this item
(0 votes)

As editoras galegas viaxarán, neste mes de outubro, ao espazo na feira que a Asociación Galega de Editoras (AGE) compartirá como coexpositora xunto coa Consellería de Cultura e Turismo, do goberno de Galicia, aos encontros profesionais do sector máis destacados a nivel internacional, a Feira Internacional do Libro de Frankfurt (Alemaña), a Feira Internacional do Libro – LIBER (Catalunya) ademais da FIL de Guadalaxara (México), no mes de novembro.

A Feira Internacional do Libro, que nesta edición se celebra en Barcelona, terá lugar entre os días 3 e 5 de outubro. LIBER é unha feira con carácter profesional e que se organiza alternando a sede anualmente, nunha convocatoria en Madrid e noutra en Barcelona. O sector editorial galego contará con stand coexpositivo, entre a AGE e goberno de Galicia, para amosar as súas novidades, manter acordos e intercambios comerciais. Ademais editoriais como Kalandraka Editora ou Edicións do Cumio-Arnoia Distribuidora, contarán con espazo propio.

A grande cita mundial da edición que cada ano reúne a editoriais en Alemaña e que terá, nesta ocasión, como país convidado a Xeorxia, celebrarase entre os días 10 e 14 de outubro. Ademais do encontro en Frankfurt dos principais representantes internacionais do sector editorial, a feira alemá converterase, como cada ano, nun dos principais centros de negocio no exterior para a compra e venda de dereitos de edición, obxectivos fundamentais da delegación das editoras galegas que participarán na feira cunha mostra das súas novidades no espazo que a AGE compartirá como coexpositora xunto coa Consellería de Cultura: Hércules de Edicións, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Kalandraka Editora, Laiovento, Editorial Galaxia, Baía Edicións, Alvarellos Editora, Edicións Embora, Oqueleo, Edicións do Cumio (Arnoia Distribución de Libros) e Nova Galicia Edicións.