Print this page

O intelectual Alonso Montero lega o seu arquivo á Deputación de Ourense

Rate this item
(0 votes)

O escritor, investigador e intelectual Xesús Alonso Montero presentou o pasado martes o seu arquivo literario, que decidíu legar á Deputación de Ourense porque “na súa biblioteca están os mellores arquivos literarios de Galicia”.

 

O Arquivo Literario de Xesús Alonso Montero está integrado polas súas publicacións, por parte da súa biblioteca e por unha parte importante de inéditos, que inclúe 15 libros seus e entre 15.000 e 20.000 páxinas de textos inéditos de outros autores (Darío Xohan Cabana, Novoneyra…) así como correspondencia cos persoeiros máis relevantes da intelectualidade galega e parte da española. Iste legado inclúe tamén unha parte artística que conta con obras de Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane ou Xaime Quessada, entre outros.

 

Para o intelectual “é unha honra poder legar este material, gran parte da miña vida e da miña traxectoria á Deputación e estar no futuro a carón dos arquivos de Blanco Amor, Ben Cho Shey ou Benito Fernández Alonso”.

 

O Presidente da Deputación, nx0woé Luis Baltar Pumar, defendeu a “necesidade de preservar este tipo de legados para as novas xeracións e para o traballo dos investigadores”.